ESTRATEXIA GALEGA DE CAMBIO CLIMÁTICO

A Xunta de Galicia aproba a actualización da EGCC co obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2040

A Estratexia Galega de Cambio Climático (EGCC) constitúe o instrumento xeral de planificación da Comunidade Autónoma de Galicia na loita fronte o cambio climático e na transición enerxética para alcanzar a neutralidade climática en 2040. 

Esta Estratexia serve para establecer as grandes liñas de acción na loita contra o cambio climático dende unha perspectiva rexional, centrada en Galicia, permitindo tamén contribuír aos obxectivos establecidos a nivel global nesta materia.

Obxectivos

Accordion content.

Ámbitos de actuación

Accordion content.

Elaboración e Implementación

Elaboración e Implementación da EGCC

  • A EGCC foi elaborada no ano 2019 mediante un proceso de democracia participativa no que estiveron representantes de toda a sociedade galega: administracións públicas autonómicas e locais, universidades, centros de investigación, empresas, asociacións, federacións e ONGs.
  • A implementación da Estratexia ten un carácter transversal, implicando a práctica totalidade das políticas sectoriais e niveis de goberno. Para garantir unha coordinación eficaz, créase a Comisión Interdepartamental para o Impulso e Coordinación da EGCC, órgano que representa a todos os departamentos da Administración galega con competencias na loita climática. Esta comisión actúa como núcleo de coordinación administrativa e gobernanza interna.
  • A gobernanza da Estratexia non se limita á Xunta de Galicia: intégranse tamén os concellos, o sector privado e outros axentes sociais. Para iso existen mecanismos complementarios como a Alianza Galega polo Clima, enfocada no diálogo co sector económico, e a Rede Local polo Clima, que impulsa accións municipais.
  • A implementación práctica da EGCC realízase mediante o Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima (PRIEC), documento operativo con horizontes temporais máis curtos, que establece medidas específicas para desenvolver as liñas de actuación establecidas e acadar así os obxectivos da EGCC. De conformidade coa EGCC e co PRIEC, as entidades locais poderán aprobar un Plan de Acción Local polo clima, que conxuntamente conforman os instrumentos de acción climática da comunidade galega.
  • O primeiro PRIEC correspóndese ao período 2019–2023, pero debido ás transformacións globais producidas tras 2019 tanto o PRIEC como a EGCC foron revisados no ano 2025. Esta revisión actualiza a folla de ruta para integrar novos coñecementos científicos, innovacións tecnolóxicas e o marco normativo europeo.
  • A Estratexia continuará sendo revisada coincidindo coa aprobación periódica do PRIEC, garantindo así a súa actualización continua e a eficacia das accións emprendidas.