AXUDAS

imagen decorativa

A Xunta de Galicia impulsa liñas de axuda destinadas a fomentar actuacións de mitigación e adaptación fronte ao cambio climático. 

As últimas convocatorias centráronse no financiamento de proxectos de creación, restauración e mellora de infraestruturas verdes, contribuíndo a incrementar a resiliencia do territorio fronte aos efectos do cambio climático mediante solucións baseadas na natureza, a conservación da biodiversidade e a mellora da calidade ambiental dos espazos urbanos e periurbanos. 

Consulta a normativa reguladora das convocatorias, as resolucións de adxudicación e accede á súa tramitación electrónica.

Convocatorias

Axudas

2026

Solucións baseadas na natureza para prevención de riscos asociados ao cambio climático e PIMA Refuxios climáticos

ORDE do 3 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (Programa Galicia Refuxio Climático) así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (Programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Y).

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia Refuxio Climático), así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Y).

Axudas

2025

Solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia refuxio climático)

ORDE do 29 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia refuxio climático), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2025 (código de procedemento MT975Y).

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia refuxio climático), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2025 (código de procedemento MT975Y) (Diario Oficial de Galicia número 33, do 18 de febreiro).

Axudas

2023

Accións de mitigación e adaptación ao cambio climático

ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O).

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA cambio climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (Diario Oficial de Galicia número 104, do 2 de xuño).

Axudas

2021

Segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A).

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) (Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro).

Axudas

2020

Concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes

ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A).

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A) (Diario Oficial de Galicia número 93, do 14 de maio).