QUEN SOMOS

A Oficina de Cambio Climático de Galicia é o órgano técnico da Xunta de Galicia encargado de impulsar a acción fronte ao cambio climático e avanzar cara a unha Galicia máis resiliente e climaticamente neutra.

A súa actividade céntrase en tres ámbitos fundamentais:

  • Mitigación, para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Adaptación, para anticipar e reducir os impactos do cambio climático.
  • Comunicación, para informar, sensibilizar e favorecer a participación na acción climática.

A Oficina está adscrita á consellería competente en materia de cambio climático e exerce as súas funcións de acordo coa Lei 1/2026, do 5 de febreiro, do clima de Galicia.

TRABALLAMOS CONTIGO POLA ACCIÓN CLIMÁTICA EN GALICIA

A Oficina de Cambio Climático de Galicia impulsa a colaboración coa sociedade para avanzar cara á neutralidade climática 2040. Se queres formar parte da acción climática, temos un espazo para ti.

Imaxe Alianza

ES UNHA EMPRESA OU ORGANIZACIÓN?

Únete á Alianza Galega polo Clima

Un espazo de colaboración público-privada para impulsar a descarbonización, a innovación e a transición cara a unha economía verde

Que ofrecemos?:

  • Asesoramento personalizado en acción climática e programa Mentoring que ten como obxectivo crear unha folla de ruta climática que sirva de guía na túa tranformación.
  • Procura de financiaciamento a través dun observatorio de fondos e convocatorias.
  • Participación, boas prácticas e desenvolvemento de proxectos que contribúan á neutralidade climática de Galicia.
  • Acceso á Plataforma Tecnolóxica polo Clima , un espazo para conectar innovación, coñecemento e solucións tecnolóxicas fronte ao cambio climático. 

Contactar coa Alianza Galega polo Clima

Imaxe concello

ES UNHA ENTIDADE LOCAL?

Forma parte da Rede Local polo Clima

Apoio técnico e acompañamento ás entidades locais para integrar a acción climática na planificación municipal.

Somos a oficina coordinadora do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía en Galicia.

Traballamos cos concellos para:

  • Elaborar e implementar os plans de acción local polo clima.
  • Asistencia técnica e administrativa para desenvolver a acción climática local.
  • Procura de financiamento a través dun observatorio de fondos e convocatorias.
  • Compartir coñecemento e experiencias entre administracións locais.
  • Accede á Plataforma Tecnolóxica polo Clima para coñecer ferramentas, solucións e iniciativas innovadoras aplicables ao ámbito municipal.

Contactar coa Rede Local polo Clima

Imaxe mocidade

ES UN CENTRO EDUCATIVO OU TRABALLAS COA MOCIDADE?

Participa en Mocidade polo Clima

Programas de sensibilización, formación e acción climática dirixidos á infancia e á mocidade.

Se queres levar a educación e acción climática ao teu centro ou proxecto:

  • organizamos actividades e programas educativos.
  • apoiamos iniciativas xuvenís ambientais.
  • promovemos a participación e o talento verde.

Contactar con Mocidade polo Clima

Imaxe informacion

QUERES COLABORAR OU PRECISAS MÁIS INFORMACIÓN?

 

Se non atopaches o que buscabas ou queres saber máis sobre os programas, iniciativas e servizos da Oficina de Cambio Climático de Galicia, estamos para axudarche.

Ponte en contacto connosco.

OFICINA DE CAMBIO CLIMÁTICO DE GALICIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍAS RENOVABLES E CAMBIO CLIMÁTICO
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n- 15781 Santiago de Compostela

oficinacambioclimatico [at] xunta.gal