PROXECTOS
13 Proxectos
Solucións sistémicas e inter-sectoriais para a resiliencia climática, enfocadas nas necesidades das autoridades locais e rexionais
2025- 2029
HORIZON-MISS-2024-CLIMA-01-09
SystR pretende a creación de solucións de adaptación ao cambio climático, resiliencia integral e transversal dos diferentes sectores da sociedade, dinamización dos grupos implicados e creación de bancos de solucións de adaptación.
Acceder ao proxectoSMACC+ Sustainable Microalgae and Cyanobacteria-Based Bioactive Compounds for Cosmeceuticals and Nutraceuticals
2025- 2028
Interreg-Atlantic
Este proxecto ten como obxectivo principal aproveitar o potencial das microalgas e cianobacterias para convertelas nunha solución sostible fronte a algúns dos retos que expón o cambio climático así coma anticiparse e actuar de forma preventiva fronte a proliferación masiva de microalgas.
Acceder ao proxectoMOLL-e MALLONE 2025-2026
2025- 2026
Copernicus Marine National Collaboratin Programme: EU Coastal monitorin demonstrators
O principal obxectivo de MOLL-e MALONE é ofrecer un servizo costeiro operacional que integre información, procedente de modelos de alta resolución e de diferentes fontes locais de datos observacionais in situ, a través dunha plataforma específica de Interface de Usuario para apoiar as actividades de acuicultura na Ría de Arousa.
Acceder ao proxectoWISHTLE 2025-2026. Servizo integrado de previsión multimodelo da plataforma ibérica occidental para a xestión medioambiental transnacional
2025- 2026
Copernicus Marine National Collaboratin Programme: EU Coastal monitorin demonstrators
Mellorar a comprensión da dinámica mariña na plataforma continental a través da cooperación entre Galicia e Portugal intercomparando e mellorando os seus modelos.
Acceder ao proxecto
NEUTRALIDADE CLIMÁTICA: Papel do carbono azul na costa de Portugal e Galicia (CAPTA)
2024- 2026
EU INTERREG España-Portugal
CAPTA ten por obxecto establecer as bases para o desenvolvemento de políticas e instrumentos de planificación conxuntas que faciliten alcanzar a neutralidade climática e permitan fortalecer os servizos ecosistémicos do litoral, mellorando a súa resiliencia.
Acceder ao proxecto
MYCOAST
2018- 2021
Programa Interreg Atlantic Area programme EAPA_285/2016
O obxectivo de MyCOAST é mellorar a capacidade dos sistemas de xestión de riscos na rexión atlántica mellorando a cooperación entre os sistemas de observación e previsión e os usuarios finais.
Acceder ao proxectoMARRISK POCTEP
2017- 2020
Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP)
Mellora da resiliencia dos sectores económicos estratéxicos do litoral da área de Cooperación (turismo, tráfico marítimo e sector portuario, sector pesqueiro e marisqueiro, incluíndo a acuicultura off-shore ou as enerxías renovables mariñas) a través do desenvolvemento de servizos climáticos que permitan anticiparse aos riscos asociados ao cambio climático.
Acceder ao proxecto
SUSTAINABLE HISTORIC ENVIRONMENTS HOLISTIC RECONSTRUCTION THROUGH TECHNOLOGICAL ENHANCEMENT AND COMMUNITY BASED RESILIENCE (SHELTER)
2019- 2023
H2020
O proxecto SHELTER ten por obxecto desenvolver un marco de coñecemento baseado en datos utilizados por científicos e xestores do patrimonio.
Acceder ao proxectoRAIACo - OBSERVATORIO MARIÑO DA MARXE IBÉRICA E DO LITORAL
2012- 2015
Programa Interreg Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (POCTEP)
Poñer a oceanografía operacional ao servizo das comunidades costeiras e dos axentes económicos que exercen a súa actividade no litoral
Acceder ao proxectoENERGYMARE - COOPERACIÓN PARA O APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES NO ATLÁNTICO
2012 - 2015
Programa Espazo Atlántico 2007-2013
Analizar cal era a situación das enerxías mariñas: eólica mariña, undimotriz, mareomotriz, etc.
Acceder ao proxectoADAPTACLIMA. Adaptación aos efectos derivados do cambio climático
2009- 2011
Programa Interreg IV B
Concienciar á poboación do Espazo SUDOE (Sudoeste Europeo) sobre as consecuencias reais do cambio climático e promover e desenvolver medidas de adaptación da sociedade aos futuros escenarios derivados deste cambio.
Acceder ao proxectoRAIA - OBSERVATORIO OCEÁNICO DA MARXE IBÉRICA
2009- 2011
Programa Interreg IV-A Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (POCTEP)
Mellorar as infraestruturas das redes de observación oceanográfica, así como as predicións e a capacidade de observación dos océanos.
Acceder ao proxectoCLIGAL - Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia
2007- 2008
Proxecto da Xunta de Galicia
Determinar evidencias do cambio climático en Galicia, identificar ecosistemas vulnerables e desenvolver modelos preditivos
Acceder ao proxecto