Máis de 14.000 alumnos e alumnas participaron en Escolas polo Clima no curso 24/25
Escolas polo Clima é unha Iniciativa da Xunta de Galicia, enmarcada dentro do Plan Proxecta + e a estratexia de Mocidade polo Clima.
O obxectivo principal é apoiar aos centros educativos galegos na integración da sostibilidade e na posta en marcha de accións ambientais, promovendo un modelo educativo onde o coidado do planeta sexa o eixo central da aprendizaxe, a convivencia e a participación.
Este programa contribúe ao cumprimento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), fomentando valores, hábitos e coñecementos necesarios para a transición ecolóxica das aulas.
OBXECTIVOS
Os programas de Escolas Verdes teñen a duración do curso escolar, de setembro a xuño.
Abarcan todas as etapas educativas, dende Infantil ata Bacharelato.
Aprendizaxe activa que integra os contidos ambientais no currículo de todas as etapas.
PROGRAMAS
MeteoEscolas
Obxectivo
O programa consiste en desenvolver un proxecto interdisciplinar relacionado coa meteoroloxía e o clima en Galicia, a partir da observación meteorolóxica na escola.
Os centros promoverán a elaboración dun proxecto no que participarán o profesorado, o alumnado, as familias, as institucións da contorna etc. Neste proxecto terán que realizarse distintas actividades, directamente relacionadas coa meteoroloxía e o clima, involucrando ás distintas áreas do coñecemento, tanto de ciencias da natureza como ciencias sociais, as linguas, educación física e artística, etc. Dando así cabida a que se poida traballar en todas as materias.
- Nivel educativo
- Educación infantil
- Educación primaria
- Educación secundaria
Adecuación ao currículo escolar
A metodoloxía seguida en MeteoEscolas é a aprendizaxe por proxecto, baseada no estudio interdisciplinario. Nesta caso, a meteoroloxía e observación climatolóxica, involucra ás diferentes materias que conforman o currículo académico nas diferentes etapas educativas.
O programa Meteoescolas contribúe á adquisición de competencias clave como: competencia científica e tecnolóxica (STEM), competencia dixital, competencia de aprender a aprender e competencia cidadá e en sustentabilidade.
O programa encaixa especialmente ben en áreas como ciencias da natureza, ciencias sociais, matemáticas e linguas en Educación Primaria e bioloxía, física e química, xeografía, matemáticas e tecnoloxía en Educación Secundaria.
TemporalidadeDesenvólvese durante todo o curso escolar
Contos polo clima
- Obxectivo
- O obxectivo do programa é o de achegar os conceptos climáticos básicos e as peculiaridades do clima de Galicia ao alumnado de Educación Infantil, a través dunha serie de contos que servirán como ferramenta para o docente.
- O clima será o fío conductor de todos os volumes que compoñen esta colección de 7 contos que abordan os distintos sectores da Estratexia Galega de Cambio Climático como: industria e enerxía, agrícola, forestal e gandeiro, biodiversidade e medio natural, mobilidade e transporte, territorio e servizos.
- O docente recibirá o conto, ao comezo do curso escolar, e o avance da historia permitiralle ir traballando diferentes conceptos ao longo de todo o curso.
- O noso clima
Sinopse:
O primeiro dos contos “ O noso clima”, relata a historia de Breo e Lía, dous irmáns arxentinos netos de galegos, que ven como a súa vida cambia cando se mudan a Galicia, a terra dos seus avós.
Nesta nova etapa percorrerán Galicia descubrindo peculiaridades do noso clima: un lugar moi distinto ao que coñecían, con paisaxes verdes, clima máis frío e novas especies de flora e fauna.
Materiais e recursos didácticos:
Xunto co conto entregarase un calendario meteorolóxico de rexistro do tempo e unha guía didáctica con distintas propostas de actividades que complementan a lectura do conto.
- Nivel educativo
- Educación infantil.
Adecuación ao currículum escolar
A través deste programa estamos a incorporar os contidos ambientais específicos de Galicia nesta etapa escolar e abordamos todos os obxectivos do currículum, relativos a:
- Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social.
- Desenvolver as súas capacidades emocionais e afectivas.
- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguas e formas de expresión.
- Coñecer e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia,destacando a mulleres e homes que levaron a cabo avances importantes para a cultura e a sociedade galegas.
Temporalidade
Desenvólvese durante todo o curso escolar
- Inscribirse no programa
A TRAVÉS DO PLAN PROXECTA:
- POR FÓRA DO PLAN PROXECTA:
Deberá remitir un correo a mocidadepoloclima.medioambiente [at] xunta.gal cos seguintes datos:- Centro educativo:
- Concello:

- Nome e apelidos do docente:
- Correo electrónico do docente:
- Curso e clase:
- Número de alumnos:
Escolas Verdes
Obxectivo
O programa Escola Verde ten como obxectivo impulsar a integración da sostibilidade na vida escolar a través da aprendizaxe, a reflexión e accións prácticas arredor de elementos clave.
Trátase de converter ao centro educativo nunha Escola Verde: un espazo educativo comprometido coa protección do medio ambiente, co consumo responsable e co desenvolvemento sostible. Vai máis alá da teoría, transformando os espazos, hábitos e relacións a través de accións colectivas e continuadas no tempo.
Para que a Escola Verde funcione é esencial implicar a toda a comunidade escolar: persoal docente, persoal non docente, alumnado e familias.
Os elementos sobre os que se estrutura a Escola Verde son: o clima, a natureza, a enerxía, os residuos e a contaminación.
- Nivel educativo
- Educación primaria
- Educación secundaria
Adecuación ao currículo escolar
A posta en marcha do programa Escola Verde aporta ao centros educativos as ferramentas e accións para:
- Integrar a educación ambiental en todas as etapas educativas.
- Promover o respecto e o coidado polo medio ambiente mediante accións prácticas e transformadoras.
- Fomentar a participación activa de toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente.
- Potenciar o pensamento crítico, o consumo responsable e o compromiso social.
- Crear espazos escolares máis sostibles, saudables e integrados na contorna natural e social.
Este programa contribúe á adquisición de competencias clave como: competencia científica e tecnolóxica (STEM), competencia dixital, competencia de aprender a aprender e competencia cidadá e en sustentabilidade.
O programa presenta unha clara vinculación coas áreas do currículo como ciencias da natureza, ciencias sociais, educación en valores cívicos e éticos, matemáticas e linguas.
TemporalidadeDesenvólvese durante todo o curso escolar
Retos Climáticos
Obxectivo
Retos Climáticos é o programa, en modalidade concurso, dirixido a Educación Secundaria e Bacharelato que ten como obxectivo que o alumnado desenvolva propostas e solucións a distintos retos climáticos que se lles expoñen.
Para o desenvolvemento de cada reto o alumnado contará coa axuda do persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e un mentor, que será unha persoa técnica que traballa nunha empresa que forma parte da Alianza Galega polo Clima e que exercerá un papel de apoio técnico.
- Nivel educativo
- Educación secundaria
- Bacharelato
Adecuación ao currículo escolar
Este programa ofrece aos alumnos a oportunidade de aprender de xeito real sobre problemas de actualidade, á vez que os motiva xa que ven que as súas ideas son escoitadas.
As competencias que o alumnado adquirirá coa participación no programa son as seguintes: pensamento crítico e resolución de problemas, competencia matemática e científica, competencia dixital, de aprender a aprender, traballo en equipo e competencia social, comunicación lingüística e sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
O programa Retos Climáticos intégrase en áreas como matemáticas, tecnoloxía e dixitalización, física e química, bioloxía e xeoloxía, lingua galega e castelá.
TemporalidadeDesenvólvese durante todo o curso escolar
