Proxecto SystR: Galicia avanza no deseño de solucións innovadoras para reforzar a resiliencia climática do seu litoral

Data publicación

A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático volveu a xuntar este pasado xoves 8 de outubro o Panel de Adaptación Rexional do proxecto SystR na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para seguir traballando en facer a Galicia máis resiliente.

A xornada avanzou no deseño de solucións integrais dos riscos climáticos sistémicos que afrontará o litoral de Galicia nas próximas décadas. Os asistentes contribuíron co deseño de solucións innovadoras que prepararán a nosa costa, dun xeito transversal, para a adaptación ante os eventos extremos.

Continuando co traballo anterior, este obradoiro serviu como un espazo de encontro transversal para intercambiar coñecemento e por en común de experiencias e necesidades, e con iso deseñar iniciativas adaptadas as nosas necesidades e preparadas para ser implementadas.

No evento estiveron presentes socios do ámbito da administración, da investigación ou das empresas: centros de investigación mariña e da administración da auga ou empresas ambientais e consorcios de empresas galegas. 

Proxecto SystR

O proxecto SystR é unha iniciativa financiada baixo os fondos Horizon Europe 2021-2027 que se enfoca na creación conxunta dunha acción climática transversal que permita abordar diferentes riscos sistémicos a asumir no camiño de avance cara a resiliencia climática xusta, sistémica e transversal.  Con iso, quérese acelerar a adaptación ao cambio climático en Europa, con solucións coordinadas e conectadas ata conseguir una resiliencia sistémica, que nos leva a soluciones innovadoras e, sobre todo, efectivas.

En SystR, Galicia actúa como un laboratorio vivo no que se está a crear unha folla de accións e recursos para unha adaptación climática que nos permita acadar a resiliencia climática. Será o lugar de deseño de proxectos pilotos aplicables tanto a nosa propia zona como para replicar noutras zonas con riscos sistémicos similares.

 

Neste contexto, esta labor recalca o traballo feito ata o momento na comunidade no eido climático e a vontade de seguir avanzando coa mirada posto no futuro. A Lei 1/2026, do 5 de febreiro, do clima de Galicia e a Estratexia Galega De Cambio Climático (EGCC), co seu correspondente plan de actuación a distintas escalas, reforzan o gran carácter resiliente e anticipativo que a nosa autonomía esta demostrando ter.

Coa posta en marcha deste tipo de medidas, Galicia non só responde con firmeza ao desafío global do cambio climático, senón que transforma esta ameaza nunha oportunidade para impulsar, protexer e garantir o compromiso de avance cara a adaptación climática. Que sumado a  innovación e a cooperación colectiva demostradas neste obradoiro reafirman o anhelo da comunidade por liderar unha transición xusta e sostible cara  un futuro plenamente resiliente.

Mais información en: https://systemicresilience.eu/pilots/galicia