INSPIRADORES POLO CLIMA

inspira

Achegamos de xeito real o sector medioambiental ás novas xeracións para inspiralos a desenvolver a súa carreira profesional neste eido

Inspiradores polo Clima recolle as accións de divulgación, obradoiros e visitas, para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, CIclos Formativos e Universidade.

A través do cal achegamos á mocidade os perfis profesionais vinculados á Economía verde así como ás empresas que están a desenvolver proxectos de innovación en favor da mitigación dos efectos do cambio climático.

 

OBXECTIVOS

O alumnado coñece de xeito real cales son os perfís profesionais no ámbito medioambiental.

Achegamos proxectos de innovación en materia medioambiental dun xeito experiencial e cercano.

Unha orientación profesional real nun sector emerxente e punteiro en Galicia.

ACCIÓNS

OBRADOIROS INSPIRADORES POLO CLIMA
  • Que son?

    Obradoiros, formato faladoiro, que se desenvolven en centros educativos de secundaria, para dar a coñecer ao alumnado distintos proxectos de innovación de empresas que están a traballar en solucións para acadar a neutralidade climática.

  • Quenes poden participar?

    Centros educativos de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.

  • Cando?

    Estarán activas durante todo o curso escolar

  • SOLICITA AQUÍ O TEU OBRADOIRO

    mocidadepoloclima.medioambiente [at] xunta.gal 

VISITAS INSPIRADORES POLO CLIMA
  • Que son?

    Visitas a empresas que forman parte da Alianza Galega polo Clima para dar a coñecer o funcionamento das mesmas e coñecer os distintos perfís profesionais relacionados coa economía verde. A través delas poñemos en valor todos aqueles avances/proxectos que están a levar a cabo na loita contra o cambio climático, na mellora do medio ambiente e no fomento da economía circular.

  • Quenes poden participar?

    Centros de Formación Profesional (CIFP) e Universidades de toda Galicia.

  • Cando?

    Estarán activas durante todo o curso escolar.

  • SOLICITA AQUÍ O TEU OBRADOIRO

    mocidadepoloclima.medioambiente [at] xunta.gal