Os Eventos polo clima visibilizan o papel da xuventude como axente clave para a transición cara unha Galicia máis sostible e resiliente ao cambio climático.
Eventos polo clima recolle todos os eventos inspiradores de Mocidade polo clima, activos e participativos, que buscan visibilizar o papel da xuventude como axente clave para a transición cara unha sociedade máis sostible e resiliente fronte ao cambio climático.
Nestes eventos podemos atopar conferencias de divulgadores e expertos en cambio climático e sustentabilidade, mesas redondas, posta en común de experiencias, stands participativos de distintas temáticas e obradoiros formativas.
OBXECTIVOS
Crear espazos de encontro, diálogo e intercambio de ideas entre persoas mozas.
Visibilizar iniciativas xuvenís e proxectos relacionados co medio ambiente.
Formar, de xeito activo, á mocidade no eido medioambiental.
EVENTOS
- RECOÑECEMENTO DE METEOESCOLAS E ESCOLAS VERDES EXCELENTES
O evento de recoñecemento das escolas excelentes dos programas formativos Escolas Verdes e MeteoEscolas é unha xornada de divulgación e formación para os participantes. Nesta xornada faise entrega das insignias ás Escolas de excelencia de cada curso escolar, e póñense en valor as súas boas prácticas.
Nesta xornada participan relatores de alto nivel e expertos no eido medioambiental. Ademais desenvólvense diferentes dinámicas e actividades destinadas a formar e informar aos participantes máis novos.
- EVENTOS RETOS CLIMÁTICOS
Neste acto de clausura, os equipos finalistas do programa formativo Retos Climáticos, expoñen a súa solución ao reto que se lles plantexa cada ano. De entre todas as intervencións, escóllese ao gañador do programa dese curso escolar.
Este evento complétase con mesas redondas e conferencias relacionadas coa temática sobre a que versa o reto. Ademáis conta coa presenza dos representantes das distintas empresas que mentorizan ao alumnado durante o proxecto.
