A VAN POLO CLIMA

inspiradores polo clima

No 2025 a Van polo clima chegou a 7.000 mozos e mozas nos festivais galegos e a 1.500 participantes nos campamentos de verán e campos de voluntariado.

Van polo Clima é a iniciativa de sensibilización ambiental de Mocidade polo Clima, creada para concienciar á mocidade sobre a loita contra o cambio climático dun xeito participativo, dinámico e cercano.

A través deste vehículo itinerante, equipado con espazos de ocio, actividades interactivas e materiais de divulgación, a Van polo Clima percorre Galicia e ten presenza en festivais musicais, campamentos de verán, campos de voluntariado e eventos para a mocidade.

 

OBXECTIVOS

Sensibilizar á mocidade sobre o cambio climático, as súas causas e consecuencias, promovendo unha actitude crítica e comprometida coa transición ecolóxica.

Fomentamos, entre as persoas máis novas, hábitos sostibles, conciencia ambiental e compromiso activo co coidado do medioambiente.

Combinamos información, formación e entretemento mediante xogos, talleres e dinámicas participativas relacionadas co clima.

ACCIÓNS

Festivais

Campamentos de verán

Campos de voluntariado

Eventos para a mocidade

Contidos relacionados carrusel de fotos