DECRETO 95/2025, DO 15 DE SETEMBRO

imaxe fondo

O Decreto 95/2025 desenvolve regulamentariamente o Sistema voluntario de créditos de carbono creado pola Lei 2/2024 da Xunta de Galicia. Foi publicado o 29 de outubro de 2025 e entrou en vigor o 18 de novembro de 2025. 

Este decreto regula o funcionamento do sistema, establecendo os dereitos e deberes das persoas participantes, e os requisitos e criterios que deben seguir as metodoloxías e proxectos que serán certificados e verificados por organismos de certificación acreditados. Ademais, crea un Comité Técnico encargado de elevar as propostas de aprobación das metodoloxías e de mellorar o desenvolvemento e a operación do sistema. 

Esta iniciativa funcionará como un mercado virtual que conectará aos promotores de proxectos xeradores de créditos de carbono coas persoas interesadas en adquirilos voluntariamente. Para facilitar estas operacións crease a Plataforma de créditos de carbono de Galicia que garantirá transaccións certificadas, rastrexables e seguras. Para poñer en marcha esta plataforma lánzase a licitación do proxecto SICLE CO2- Solucións innovadoras para a compensación local, cuxo principal reto é o despregue desta infraestrutura pública electrónica.