PROXECTO SICLE CO2

background proxecto slice

O Proxecto SICLE CO2 é panca tecnolóxica do sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia, que persegue contribuír ao establecemento de solucións para alcanzar o obxectivo de neutralidade climática en Galicia, a ser posible no 2040. 

Para elo, formúlase o desenvolvemento dunha plataforma integral que permita unha xestión activa, automatizada, intelixente e directa dos sumidoiros naturais de carbono na comunidade galega, garantindo a preservación dos recursos naturais, baseada nunha compensación de emisións de CO2 de proximidade que aporte valor engadido á orografía do mundo rural. 

O proxecto SICLE CO2 está cofinanciado un 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no marco da Liña de Fomento de Innovación dende a Demanda (Liña FID) para a compra Pública de Innovación (CPI). 

Os ámbitos nos que actúa este proxecto, de maneira integrada e interrelacionada, son áreas estratéxicas para Galicia, como son:

  • As zonas forestais 
  • Os terreos agrícolas 
  • As áreas costeiras e de acuicultura

Os 4 retos que se formulan para a plataforma integral SICLE CO2 son os seguintes:

retoun

RETO 1

 

Mapa de parcelas público con indicador do potencial de absorción de CO2 en Galicia 

Realizar un mapeo de todos os terreos de Galicia, incorporando a estimación do potencial de absorción de cada un deles en base aos parámetros e sistemas de cálculo propios da Xunta de Galicia.

Reducción emisións

RETO 2

 

Plataforma de colaboración para o intercambio de compensacións 

Desenvolvemento dunha plataforma para propiciar un ecosistema de colaboración para o intercambio de compensación de emisións. As solucións propostas para esta plataforma deberán permitir que a colaboración entre os axentes participantes se base en principios como a transparencia, o comercio xusto, a equidade e a seguridade.

Adaptación

RETO 3

 

Seguimento de proxectos de compensación 

Mellorar a capacidade da administración para supervisar os proxectos de compensación e exercer un rol de controlador/árbitro que garanta que os principios cúmprense. Para elo, desenvolverase un sistema de seguimento dos proxectos de compensación durante os 30 anos que esixe a normativa de vixilancia.

Economia sostible

Reto 4

 

Carbon Farming e Blue Carbon 

Realizar un mapeo de todos os terreos agrícolas e costeiros, determinando a estimación inicial do potencial de absorción de cada un deles, partindo de datos dispoñibles en proxectos previos. Unha vez identificados os terreos susceptibles, a solución debe ser capaz de incorporar a estimación do potencial de absorción de C02 en base as distintas técnicas dispoñibles.