LEI 1/2026, DO 5 DE FEBREIRO, DO CLIMA DE GALICIA

A Lei 1/2026, do 5 de febreiro, do Clima de Galicia busca situar o clima como eixo das políticas públicas galegas, deste xeito, todas as políticas deberán integrar a perspectiva climática.

neutralidade

NEUTRALIDADE CLIMÁTICA EN 2040

Galicia ten como obxectivo ser unha comunidade climaticamente neutra dez anos antes do que marca o compromiso europeo.

Reducción emisións

REDUCIÓN DO 75% DAS EMISIÓNS EN 2030

Galicia ten como obxectivo reducir o 75% das emisións con respecto a 1990.

Adaptación

ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO

Galicia ten como obxectivo preparar o seu territorio fronte aos riscos e impactos do clima, así como, impulsar ferramentas de protección para a cidadanía como, por exemplo, identificando illas de calor e deseñando refuxios climáticos.

Economia sostible

ECONOMÍA SOSTIBLE E CIRCULAR

Galicia ten como obxectivo promover modelos que xeren emprego de calidade e reduzan desigualdades.

Eixes da Lei 1/2026 do Clima de Galicia

Gobernanza climática

Isto garante que haxa coordinación, transparencia e participación social real.

Planificación climática
Estratexia Galega de Cambio Climático

ESTRATEXIA GALEGA DE CAMBIO CLIMÁTICO

Folla de ruta a longo prazo.

Plan Rexional integrado de Acción Climática

PLAN REXIONAL INTEGRADO DE ACCIÓN CLIMÁTICA

Cada 5 anos marcará medidas concretas para acadar os obxectivos

Plans de Acción Local polo Clima

PLANS DE ACCIÓN LOCAL POLO CLIMA

Obrigatorios en concellos de máis de 20.000 habitantes

Instrumentos económicos
  • CONTRATACIÓN PÚBLICA VERDE. A Administración deberá priorizar produtos, servizos e obras con menor pegada de carbono.
  • FONDOS PARA A TRANSICIÓN CLIMÁTICA E CIRCULAR. Con cargo a fondos europeos e impostos ambientais.
  • FISCALIDADE VERDE. Os impostos e axudas públicas poderán incorporar a perspectiva climática para apoiar os obxectivos de mitigación e adaptación desta lei. 
  • REXISTRO GALEGO DE PROMOTORES DA NEUTRALIDADE CLIMÁTICA. Para recoñecer a empresas, organizacións e eventos que reduzan ou compensen a súa pegada de carbono.
  • SISTEMA DE CRÉDITOS DE CARBONO E RECOÑECEMENTO DE INICIATIVAS DE EXCELENCIA CLIMÁTICA.

O diñeiro público e os incentivos estarán ao servizo da loita contra o cambio climático.

Educación, sensibilización e investigación

A lei non só regula, tamén quere cambiar mentalidades e crear coñecemento.

  • Campañas cidadás de información e formación sobre riscos e oportunidades da transición climática.
  • Impulso á investigación galega en modelos climáticos, innovación tecnolóxica, adaptación do sector primario, etc.
    • Dispositivo portable e aplicación web para a identificación de refuxios climáticos nos concellos galegos
    • Proxecto SICLE CO2: Solucións innovadoras para a compensación local de emisións de CO₂
  • Integración da perspectiva climática na educación en todos os niveis. 
Servizos Meteorolóxicos e de Calidade do Aire

A lei reforza as redes públicas de observación e control.

  • REDE DE OBSERVACIÓN METEOROLÓXICA E CLIMATOLÓXICA DE GALICIA
  • REDE DE CALIDADE DO AIRE DE GALICIA

Servizos públicos para anticipar riscos, mellorar a prevención e protexer a saúde, os ecosistemas e o tecido económico.

O obxectivo é ter mais datos, mais previsión e mais capacidade de resposta e xestión nos riscos fronte ao cambio climático.

Conclusións

  • Galicia aspira a ser climaticamente neutra en 2040, dez anos antes que Europa. 
  • Os concellos, empresas e cidadanía serán parte activa da loita contra o cambio climático. 
  • A transición climática busca ser xusta, sostible e xeradora de emprego de calidade. 
  • A Administración pública predicará co exemplo con contratación verde e orzamentos climáticos. 
  • Haberá máis transparencia e información a través do Portal de Acción Climática de Galicia e a Oficina de Cambio Climático de Galicia. 
  • Refórzanse as redes de meteoroloxía e calidade do aire así como as funcións e servizos que se realizan para a xestión dos riscos derivados do cambio climático, como inundacións, vagas de calor ou incendios.