Contacto
creditoscarbono.medioambiente [at] xunta.gal
O sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia busca fomentar o desenvolvemento sostible do territorio, impulsando aqueles proxectos que contribúan a absorber carbono como medida para compensar as emisións de gases de efectos invernadoiros que se producen noutras actividades, contribuíndo así ao obxectivo da neutralidade climática en Galicia.
A través deste sistema facilitaranse as relacións entre os axentes que voluntariamente desexen vender os créditos de carbono xerados a tarvés do desenvolvemento dos seus proxectos e aqueles que desexen adquirir ou utilizar os créditos de carbono para compensación da súas emisións.
DECRETO 95/2025, DO 15 DE SETEMBRO
Polo que se regula o sistema voluntario de créditos de carbono.
PROXECTO SICLE CO2
Solucións Innovadoras para a Compensación Local de Emisións de CO2.
- Preguntas frecuentes
- Que é o Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia?
O Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia é un mecanismo que permite rexistrar, certificar e comercializar de forma segura os créditos de carbono xerados por proxectos que reducen ou absorben emisións en Galicia.
Este sistema serve de nexo entre as persoas operadoras que, voluntariamente, desexen vender os créditos de carbono xerados mediante o desenvolvemento das súas actividades, e as persoas beneficiarias que tamén, de forma voluntaria desexen adquirir os créditos de carbono co fin de compensar as súas emisións.
- Cando comeza a funcionar este sistema?
Este sistema créase a partir da Lei 2/2024, do 7 de novembro, e regúlase o seu funcionamento co Decreto 95/2025, do 15 de setembro, o cal entra en vigor o 18 de novembro de 2025.
A partir da súa publicación levarase a cabo o desenvolvemento das metodoloxías ás cales se teñen que adherir os proxectos, constituirase o Comité Técnico encargado de elevar as propostas de aprobación das metodoloxías e porase en marcha a Plataforma de créditos de carbono de Galicia, a partir da cal entrará en funcionamento o sistema.
- Cal é o ámbito territorial deste sistema?
Dentro deste sistema só se poden rexistrar e certificar créditos de carbono procedentes de proxectos desenvolvidos no territorio galego. Porén, as persoas que compran os créditos de carbono (persoas beneficiarias) poden ter a súa actividade fóra de Galicia.
- Que elementos forman parte deste Sistema?
- Normas e procedementos asociados ao funcionamento do sistema.
- Autoridade competente: Xunta de Galicia.
- Axentes do sistema:
- Persoas operadoras: promotoras dos proxectos de absorción de carbono ou de redución de emisións.
- Persoas beneficiarias:
- Compensadoras: adquiren créditos para compensar as emisións de GEI derivadas da súa actividade.
- Intermediarias: adquiren créditos de carbono para a súa venda a terceiras persoas.
- Organismos de certificación.
- Metodoloxías do sistema de certificación.
- Proxectos de absorción de carbono ou de redución da emisión de GEI.
- Sistema de certificación dos proxectos.
- Plataforma de créditos de carbono.
- Quen regula e coordina este sistema?
Este sistema está regulado pola Xunta de Galicia a través do Decreto 95/2025. A coordinación e xestión dos elementos deste decreto será levada a cabo pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que supervisará de forma activa a evolución das transaccións de créditos de carbono, e adoptará medidas correctoras se detecta irregularidades.
- Que é o Comité Técnico do sistema?
O Comité Técnico créase a partir do Decreto 95/2025 como un órgano colexiado de análise, dirixido a mellorar o desenvolvemento do sistema, encargado de analizar e elevar as propostas de aprobación ou revisión das metodoloxías.
O comité está formado por unha presidencia, unha secretaría e 14 vogais, dentro dos cales 9 son representantes da Administración autonómica e 5 representantes doutras Administracións públicas ou entidades do sector privado e organizacións sociais con relevancia nesta materia.
- Quen pode xerar créditos de carbono?
As persoas operadoras, físicas ou xurídicas, de natureza pública ou privada, poden presentar proxectos que reduzan ou absorban carbono para xerar créditos. Para iso, os proxectos deben aplicar as metodoloxías aprobadas dentro do sistema.
- Quen poden comprar créditos de carbono?
Poden comprar créditos de carbono empresas, Administracións públicas, entidades e tamén persoas físicas que queiran compensar as súas emisións. Estas son as que o Decreto 95/2025 define como persoas beneficiarias compensadoras.
A compra é voluntaria e debe realizarse sobre créditos verificados, quedando rexistrada na Plataforma de créditos de Galicia para garantir a súa trazabilidade.
- Que son as metodoloxías?
As metodoloxías son un conxunto de criterios técnicos e orientacións que permiten recoñecer os proxectos de carbono e calcular de forma obxectiva os créditos que xeran.
Todo proxecto debe axustarse a unha metodoloxía aprobada para poder participar neste sistema.
- Quen propón e aproba as metodoloxías?
As metodoloxías poden ser propostas de oficio polo Comité Técnico ou por calquera persoa interesada a través do procedemento xenérico PR004A.
Posteriormente, as propostas sométense a un proceso de exposición pública durante o período de tempo que determine o Comité Técnico, que non poderá ser inferior a 20 días.
Unha vez finalizada a exposición pública, o Comité Técnico avalía as propostas e, no seu caso, emite unha proposta de aprobación. As metodoloxías son finalmente aprobadas por acordo do Consello da Xunta de Galicia.
Cando unha metodoloxía fora desenvolvida ou recoñecida pola Comisión Europea, o Comité Técnico informará desta circunstancia á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para que a incorpore ao sistema.
- Que contido deben incluír as metodoloxías?
As metodoloxías incluirán os seguintes contidos mínimos:
- Criterios de elixibilidade e orientacións sobre a avaliación da adicionalidade do proxecto.
- Método de validación (ex ante) e verificación (ex post) para a cuantificación do carbono capturado asociado ao proxecto.
- Duración do proxecto de carbono.
- Alcance de referencia do proxecto e alcance para avaliación de fugas do escenario de referencia.
- Orientacións para a determinación de potenciais cobeneficios ou externalidades positivas, neutras ou negativas e de indicadores cualitativos ou cuantitativos que permitan a súa avaliación.
- Información relevante para a determinación e xestión de riscos.
- Información relevante para os organismos de certificación.
- Requisitos para a monitorización e verificacións.
- Posible información relevante para a implementación das actividades do proxecto.
- Que tipo de proxectos poden entrar neste sistema?
Neste sistema poden incorporarse proxectos que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro ou capturen e almacenen carbono, cumprindo a tripla condición de adicionalidade, permanencia e contabilidade única.
Os proxectos poden basearse en calquera das tipoloxías de actividades relacionadas no Anexo I do Decreto 95/2025, agrupadas nos seguintes campos:
- Agricultura, sector forestal e cambio de uso de solo (AFOLU).
- Transición e/ou eficiencia na industria enerxética.
- Construción/edificación.
- Redución de emisións por deforestación e degradación.
- Outros.
Poderán incluírse novas actividades dentro das tipoloxías mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia.
- Como incorporo o meu proxecto ao sistema?
O proceso consiste en:
- Elaborar e adaptar o proxecto a unha metodoloxía aprobada.
- Obter unha validación inicial (ex ante) por un organismo de certificación, o cal certifique que o proxecto cumpre cos requirimentos do sistema e a metodoloxía específica á que se adhire.
- Presentar unha solicitude de inscrición do proxecto a través do formulario normalizado que se habilitará na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- O prazo para a resolución da inscrición é de 3 meses dende a entrada da solicitude. Transcorrido o devandito prazo sen resolución, entenderase estimada a solicitude.
- Unha vez incorporado o proxecto ao sistema, teño algunha obriga?
Si, entre as principais obrigas están:
- Cumprir a normativa sectorial aplicable.
- Someterse a verificacións continuas (ex post) polos organismos de certificación, cada 5 anos ou con maior frecuencia cando así se especifique na metodoloxía.
- Garantir o seguimento, a medición e o control dos créditos xerados: para iso, as persoas operadoras están obrigadas a executar o Plan de monitoraxe, que se inclúe no proxecto de carbono, e realizar a súa comunicación a través dun formulario normalizado, que se habilitará na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Como se realiza a transacción dos créditos de carbono?
A transacción dos créditos de carbono realízase de forma privada entre as partes, as persoas operadoras e as persoas beneficiarias, a través de contratos de compravenda.
Realizada a venda de créditos, as persoas operadoras deberán comunicar a transacción ao sistema a través do formulario normalizado que se habilitará na sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta información rexistrarase na Plataforma garantindo a trazabilidade da operación e o rexistro único.
- Que tipo de créditos de carbono existen neste sistema?
Dentro deste sistema existen dous tipos de créditos principais:
- Créditos de carbono estimados (CCE): son os créditos calculados que aínda non foron xerados ou verificados (non se poden vender).
- Créditos de carbono verificados (CCV): son os CCE debidamente verificados (son os que se poden comercializar).
Ademais, dentro deste sistema existen os créditos con valor ambiental ou social adicional denominados Ecosoc. Son créditos que proceden de proxectos que, ademais de capturar carbono, incorporan beneficios significativos en materia de servizos ecosistémicos.
Os créditos xerados neste sistema terán un número de serie único, de forma que permita a súa rastrexabilidade.
- Hai mecanismos de control para asegurar que os créditos son reais?
Si, o sistema garante a fiabilidade mediante:
- Validación inicial e verificación periódica por terceiros independentes.
- Metodoloxías baseadas en estándares científicos.
- Rexistro e trazabilidade dos créditos (con número único).
- Mecanismos para evitar a dobre contabilidade (os proxectos rexistrados neste sistema non poderán ser inscritos noutros sistemas de mercado análogos).
- Que é a Plataforma de créditos de Galicia?
É a ferramenta dixital do sistema que:
- Conecta as persoas promotoras de proxectos coas persoas compradoras.
- Publica as metodoloxías aprobadas, os proxectos inscritos e a información sobre os créditos de carbono rexistrados.
- Serve como rexistro oficial das operacións.
- Garante a transparencia e o acceso á información.
- Dota o sistema de trazabilidade e seguridade.
- Que é o proxecto SICLE CO2?
O sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia consta de dúas partes: unha regulamentaria, a través do Decreto 95/2025, e outra tecnolóxica, a través do proxecto SICLE CO2: solucións innovadoras para a compensación local.
O proxecto SICLE CO2 persegue contribuír ao establecemento de solucións para alcanzar o obxectivo de neutralidade climática en Galicia, a ser posible no ano 2040.
Para iso, levarase a cabo o desenvolvemento dunha plataforma integral que permita unha xestión activa, automatizada, intelixente e directa dos sumidoiros naturais de carbono na comunidade galega, garantindo a preservación dos recursos naturais, baseada nunha compensación de emisións de CO2 de proximidade que achegue valor engadido á orografía do mundo rural.
O proxecto SICLE CO2 está cofinanciado un 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no marco da Liña de Fomento de Innovación dende a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).
- Exposición Pública Metodoloxías
De conformidade co disposto no artigo 10 do Decreto 95/2025 sométense a exposición pública dúas propostas de metodoloxías para proxectos de carbono nos ámbitos de:
- Construción con elementos de madeira
- Xestión forestal sustentable
O prazo de exposición pública é de 20 días hábiles, desde o 28 de abril ata o 27 de maio de 2026.
Durante este período, as persoas interesadas poderán consultar a documentación e presentar as observacións, suxestións ou alegacións que consideren oportunas, contribuíndo así ao proceso de mellora e transparencia das metodoloxías.
Forma de participación
- As observacións ou suxestións deberán enviarse a través do correo electrónico creditoscarbono.medioambiente [at] xunta.gal indicando no asunto “Exposición Pública Metodoloxías”, ou ben mediante un escrito dirixido á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
- Todas as achegas recibidas trataranse e consideraranse como anónimas.
- O prazo para a presentación de observacións ou suxestións finalizará o 27 de maio de 2026 ás 23:59 horas.
Documentación
- MdI
MANIFESTACIÓN DE INTERÉS

El pasado 12 de noviembre de 2025, la Consellería de Medio Ambiente y Cambio Climático abrió una convocatoria de Manifestación de Interés (MdI), que permaneció abierta hasta el 12 de diciembre de 2025, con el objetivo de avanzar en la puesta en marcha del sistema y en la hoja de ruta que permitirá aprobar las primeras metodologías e inscribir proyectos gallegos de absorción o reducción de carbono.
Esta iniciativa tenía como finalidad identificar las tipologías de actividades sobre las que empezar a trabajar, así como definir los sectores prioritarios en los que la Xunta de Galicia debe focalizarse para la aprobación de las primeras metodologías del sistema, y posteriormente poder recibir proyectos para su inscripción en el registro e incorporación al sistema.
Como resultado de la MdI, se recibieron 37 aportaciones de diferentes sectores: colegios profesionales oficiales, clústeres, empresas, y particulares de diversos sectores como forestal, agrícola-ganadero, marítimo-pesquero, gestión de residuos, y energía, que pone de manifiesto el alto interés en el desarrollo de este mercado y la transversalidad de este sistema.
Sectores Nº entradas % Forestal 11 29,7 Agrícola- Ganadero 4 10,8 Marítimo- Pesquero 4 10,8 Transición energética 10 27,0 Gestión de residuos 4 10,8 Otros 4 10,8 Total 37 De todas las aportaciones, 10 fueron sobre metodologías o propuestas para participar en su desarrollo, y 25 fueron sobre proyectos que se están realizando o en los que las personas estarían interesadas en participar.
Interés Nº entradas % Metodologías 10 27,0 Proyectos 25 67,6 - 2 5,4
